Como todos os anos, este tamén iniciamos o curso de biblia.
As sesións serán todos os cuartos xoves de cada mes ás 20h nos locais parroquiais.
Esperámoste!!!
Nais e Pais, Educación en Valores
Dende a parroquia de Fontiñas pretendemos abrir un espazo para un debate / encontro de nais e pais.
O obxectivo fundamentalmente é coñecer e valorar as nosas actitudes ante a educación cristiá dos nosos fillos e fillas, dun xeito aberto e plural.
Para tal fin propoñense tres temas a debate:
* Hábitos.
* Testemuñas-coherencia-modelos.
* Esforzo.
Como tal espazo aberto, é unha oferta dirixida a tódolos pais e nais, independentemente que os fillos ou fillas asistan ou non á catequese. Dependendo das necesidades e inquedanzas que vaian xurdindo, os temas poderanse ampliar.
Fíxanse tres datas para as xuntanzas, que corresponden a unha programación trimestral:
1. xoves 05 de novembro 2009, ás 20h15.
2. xoves 11 de febreiro 2010, ás 20h15.
3. xoves 06 de marzo 2010, ás 20h15.
Estes encontros celebraranse nos locais da parroquia.
Nunha sociedade cambiante onde os desafíos para os pais son cotiáns, queremos que este espazo aberto sirva para compartir e aprender das experiencias das vivencias cos nosos fillos.
Estades todos convidados a participar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)